DiazCarrete
DiazCarrete@mastodon.gal
Posts
-
View post
O asador de polos que teño preto de casa engadiume de súpeto ao seu canal de promocións en wasap. Non sei se de acordo coas regras de etiqueta debería presentarme. "Hola son DiazCarrete e gústanme os polos".
-
View post
"estaxe" https://youtu.be/0O3XgRLUk0M tampouco vou usar moito esa palabra porque cando vou á piscina de San Diego están sempre tódalas estaxes ocupadas, non hai maneira, vou ter que ir nadar polo mar salado. #palabra
-
View post
Fai meses meu pai perdeu un ollo por unha triste necesidade médica. Onte andaba a pasear cando topou cunha señora coñecida que xa vai moi maior. —E logo que che pasou no ollo? —Quitáronmo. —Non me extraña. Coas meigas que temos ao redor de nós, non sei como duramos tanto. A min ameánzanme todos os días! Pobriña o ano pasado ainda tiña ben a cabeciña.
-
View post
Con iso da adaptación que Nolan vai facer da Odisea deume por pensar nos paralelismos entre Circe e Penélope, e logo caín na conta de que esa é xustamente a premisa do libro de Begoña Caamaño sobre ambas 😅 así que o terei que ler.
-
View post
Cando rapaz, amolábame cando as ilustracións das cubertas dos libros de ciencia ficción non correspondían para nada ós contidos, nen sequera nun sentido metafórico. Ala, unha nave espacial e a tirar para diante. O que non quita que algunhas das ilustracións estivesen ben.
-
View post
é de señor maior preguntar na caixa do Gadis se 0,75 euros é demasiado pouco para pagar con tarxeta de crédito?
-
View post
estresado. inda que agora hai que dicir "teño o cortisol polas nubes". poderase dicir "cortisolado"?
-
View post
quero ver "Posession" (1981) e tamén "Obsession" (2025)
-
View post
teño que aprender a amorear as peticións de puxo en GitHub
-
View post
Nestes últimos anos non leo moita ciencia ficción. Sabía que había un relato chamado "I Sexually Identify as an Attack Helicopter" que o parecer é unha adaptación dun meme tránsfobo, que literaliza o meme co efecto paradoxal, mais intencionado, de subvertelo: https://en.wikipedia.org/wiki/I_Sexually_Identify_as_an_Attack_Helicopter O relato causou unha polémica tremenda e foi retirado da páxina onde foi publicado: https://clarkesworldmagazine.com/fall_01_20/ Non o lera ata...
-
View post
Os libros da colección "El Parnasillo" sonche *perfectos* para ler mentres das un paseíño. Pouco largos, doados de meter nun bolsillo. Doados de soster cunha soa man. Veñen con cinta marcapáxinas incluida. O tamaño e proporcións das páxinas fainas menos susceptibles ó vento. Máis lixeiros que o meu Kindle. Teñen unha letra moi pequeniña, iso sí.