2026-10-17 07:30 UTC
Fai meses meu pai perdeu un ollo por unha triste necesidade médica. Onte andaba a pasear cando topou cunha señora coñecida que xa vai moi maior.
—E logo que che pasou no ollo?
—Quitáronmo.
—Non me extraña. Coas meigas que temos ao redor de nós, non sei como duramos tanto. A min ameánzanme todos os días!
Pobriña o ano pasado ainda tiña ben a cabeciña.
Replies (0)
No replies.